Sobrado. A Pobra de Trives. 32782 Ourense. (+34) 988 33 00 62

¿Que facer?

Actividades preto do Pazo Barbeirón
 

Piscina

A piscina semi-olímpica, pública e gratuíta do Concello de Manzaneda está aberta nos meses de verán.
 

Esquí

A unha distancia de 14 kilómetros ¿que mellor que o Pazo para descansar tras un día de esquí en Manzaneda?
 

Visita á Ribeira Sacra

Sexa a pé, en bicicleta ou en catamarán, esta visita ten unha maxia especial, e está a 30 kilómetros.
 

Ourense

O seu centro histórico, a súa ponte romana, as burgas, as termas de Outariz… merecen a pena.
 

Médulas de Carucedo

Esta mina, hoxe Patrimonio da Humanidade, chegou a se-la que máis ouro proporcionaba ó Imperio Romano.
 

Sendeirismo

Tags
Desde o Pazo Barbeirón pódense iniciar rutas de distinta dificultade, tanto para sendeiristas como ciclistas.
 

Agricultura e gandeiría

Tags
Os propietarios invitan ós hóspedes a coñece-lo día a día da explotación gandeira.
 

A cascada

Tags
Dentro da finca do Pazo Barbeirón hai unha cascada que remata nunha piscina natural.
Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com