Pazoterapia

Historia do Pazo Barbeirón

Construído no 1740

A comarca de Trives rivalizaba coa Toxa como lugar de veraneo da nobreza galega, e isto ten a súa representación nos pazos da zona.

Rehabilitado no 2008

A familia Rodríguez Álvarez, antigos criados do Pazo, rehabilitouno mantendo o máximo de elementos orixináis.

Tradición e modernidade

Este Pazo está considerado como o máis elegante da zona e converteuse no lugar perfecto para gozar dun bo descanso.

vista jardín
O luxo de 1740 adaptado ás comodidades do século XXI

As habitacións están á altura do que un espera do Pazo Barbeirón, por exemplo a súa Junior Suite de 50 metros cadrados con bañeira de hidromasaxe. Tamén dispoñemos dunha habitación preparada para persoas de mobilidade reducida.

Finca de 40 hectáreas a 14 Km de Cabeza de Manzaneda

A finca que rodea o Pazo pódese percorrer libremente, camiñando entre os bosques de carballos e castiñeiros. Se che gustan as setas, ou se soñas con ler un libro á beira dunha cascada natural, este é o teu sitio.
E, se queres vivi-lo pazo na época da neve, te-la estación de esquí de Manzaneda a 14 kilómetros.

vista jardín
Gandeiría Pazo Barbeirón

A familia Rodríguez Álvarez, antigos criados e actualmente propietarios do Pazo, rexentan unha explotación na que crían animais e cultivan vexetais. Os hóspedes están convidados a coñece-lo día a día das labores do campo.

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com