Sobrado. A Pobra de Trives. 32782 Ourense. (+34) 988 33 00 62

O Pazo

Historia do Pazo Barbeirón

Construído en 1740

A comarca de Trives rivalizaba coa Toxa como lugar de veraneo da nobreza galega, e isto ten a súa representación nos pazos da zona.

Rehabilitado no 2008

A familia Rodríguez Álvarez, antigos criados do Pazo, rehabilitouno mantendo o máximo de elementos orixinais.

Un luxo no século XXI

Este Pazo está considerado como o máis elegante da zona e converteuse no lugar perfecto para gozar dun bo descanso.

O luxo de 1740 e do século XXI

As habitacións están á altura do que un espera do Pazo Barbeirón, por exemplo a súa Junior Suite de 50 metros cadrados con bañeira de hidromasaxe. Tamén dispoñemos dunha habitación preparada para persoas de mobilidade reducida.

Restaurante e cafetería

Cambia tu idea de comedor: compartiendo mesa y mantel con el resto de huéspedes vivirás una experiencia original, diferente y más humana.
Dálle unha volta á túa idea de comedor: compartindo mesa e mantel co resto de hóspedes vivirás unha experiencia orixinal, diferente e máis humana.
Para a sobremesa, propoñémosche subir ó primeiro andar, onde poderás gozar dun café ou dunha copa na solaina.

Finca de 40 hectáreas a 14 Km de Cabeza de Manzaneda

A finca que rodea o Pazo pódese percorrer libremente, camiñando entre os bosques de carballos e castiñeiros. Se che gustan as setas, ou se soñas con ler un libro á beira dunha cascada natural, este é o teu sitio.
E, se queres vivi-lo pazo na época da neve, te-la estación de esquí de Manzaneda a 14 kilómetros.

Gandeiría Pazo Barbeirón

A familia Rodríguez Álvarez, antigos criados e actualmente propietarios do Pazo, rexentan unha explotación na que crían animais e cultivan vexetais. Os hóspedes están convidados a coñece-lo día a día das labores do campo.

Dog-friendly

Para os que sentímo-las nosas mascotas como un membro máis da familia, é complicado atopar un aloxamento ó que poidamos viaxar con elas. Evidentemente, o interior dun pazo do século XVIII non é lugar para eles, por iso instalamos unha edificación de madeira para aloxa-los animais. Así Deltona, a que a nosa bóxer, poderá tamén facer de anfitriona dos nosos hóspedes de catro patas.

Esta instalación conta cunha bañeira para animais, termo eléctrico para a auga quente e secador de pelo.

 

¿Como funciona o comedor?

Mentres ti gozas do almorzo (que está incluído no prezo) nós recibimos información dos nosos proveedores e, con eles, deséñamo-lo menú. Dependendo do día, poden ser uns solombos de porco celta, unha lasaña, un cocido galego, un arroz con lubrigante…
Ti decides se queres quedar a xantar connosco, se ves cear ou se prefires facelo no exterior.

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com