Sobrado. A Pobra de Trives. 32782 Ourense. (+34) 988 33 00 62

Dobre Estándar – Concepción Arenal

 

Naceu en Ferrol, filla dunha descendente da aristocracia galega e dun militar liberal. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro do seu pai polas súas ideas. Estudou nun colexio para señoritas, cunha educación que ela logo criticaría como a “arte de perde-lo tempo”. A maior parte da súa cultura acadouna de xeito autodidacta.

Foi a primeira muller en asistir á Universidade en España. De feito fíxoo vestida de home, xa que daquela non se permitía legalmente que as mulleres acadasen estudos superiores. Diplomouse en Dereito. Foi xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela.

A súa bibliografía agrúpase en tres temas: a “cuestión social”, “penitenciaria” e “feminina”. A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saiu nunca de España.

É a autora de frases célebres como “Cantos séculos precisa a razón para chegar á xustiza que o corazón comprende instantaneamente” ou “Abride escolas e pecharedes cárceres”.

Nome-Habitación-Concepción-Arenal

85,00€/noite

almorzo-incluido

Almorzo incluído

camasxemelgas

2 camas de 200×90

tamanno

26 m2

ducha

Ducha

secador

Secador do pelo

wififree

Wifi gratis

wifi

Wifi Premium

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com