Sobrado. A Pobra de Trives. 32782 Ourense. (+34) 988 33 00 62

Condicións Xerais

Tarifas xerais
          • Habitación Dobre Estándar: 85€ (prezo por noite, IVE incluído)
          • Habitación Dobre Adaptada PMR: 95€ (prezo por noite, IVE incluído)
          • Habitación Dobre Superior: 120€ (prezo por noite, IVE incluído)
          • Habitación Dobre Deluxe Queen Size: 120€ (prezo por noite, IVE incluído)
          • Habitación Junior Suite Deluxe: 145€ (prezo por noite, IVE incluído)
Política de Cancelacións

Para realizar reservas, o Pazo Barbeirón solicita un 50% do importe do total da estancia en concepto de garantía. En caso de cancelación nos 60 días previos ó check-in, esta cuantía non é reembolsable.

Regulamento de réxime interno
          • O Pazo Barbeirón é un establecemento dirixido ó descanso e relax dos hóspedes, polo que se establecen uns horarios de peche tanto do Pazo coma da cafetería (23:00). En caso de que a axenda dos hóspedes requira outros horarios, estes deberán consulta-la dispoñibilidade. Os hóspedes unha chave de acceso da porta principal por se chegan fóra dese horario.

            – O horario de Check-in é de 17:00 a 22:30. Se tes pensado chegar noutro horario, por favor, consulta a nosa dispoñibilidade.

            – O horario de Check-out remata ás 12:00. Se un cliente non abandona o aloxamento a esta hora, entenderase que prorroga a súa estancia un día máis.

            – Se, durante os días da estancia, un hóspede non abandona a habitación antes das 12:00, enténdese que quere descansar e que prescinde da limpeza diaria do cuarto.

            – Dado que é o horario habitual no que os hóspedes están fóra, entre as 10:00 e as 17:00 realízase a limpeza das habitacións e zonas comúns.

            – O horario de almorzos é de 9:00 a 11:00

            – As ceas sírvense ás 21:00

            – Non se admite a entrada de mascotas ó interior do Pazo.

          • Requírese dos inquilinos un uso responsable das instalacións. Ante evidencias de vandalismo ou uso imprudente das mesmas, Lopo González S.L. resérvase o dereito a dar por finalizado o contrato de aluguer en calquera momento, debendo os inquilinos abandonar as instalacións inmediatamente.
          • Os ocupantes non poderán realizar actividades molestas, ruidosas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas.
          • Non está permitida a estancia ou pernocta doutras persoas que non sexan os hóspedes debidamente rexistrados.
          • Non se admiten despedidas de solteiro ou de solteira.
          • Non se permite levar ás habitacións e zonas comúns material deportivo ou de esquí.
          • O establecemento ten reservado o dereito de admisión.
          • Os hóspedes son coñecedores de que non se poden consumir alimentos nas zonas comúns nin nas habitacións. Coñecen tamén a Lei 42/2010 de 30/12 que indica a PROHIBICIÓN EXPRESA DE FUMAR en hoteis, hostais e establecementos análogos, salvo nos espazos ó aire libre. En caso de que se atopen evidencias de ter incumplido esta cláusula, cargaranse 200,00€ extras en concepto de limpeza especial. En ámbolos dous casos darase por finalizada a estancia de xeito inmediato, debendo os hóspedes aboar o 100% da reserva e tódolos suplementos.
Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com