Sobrado. A Pobra de Trives. 32782 Ourense. (+34) 988 33 00 62

Vivirnunpazo.com

O día a día no Pazo Barbeirón
12 Ago

O Pazo Barbeirón acada a quinta espiga, a quinta estrela dos aloxamentos rurais.

A Asociación Española de Turismo Rural (ASETUR) ten, entre outros obxectivos, clasifica-los aloxamentos rurais segundo o seu confort e equipamento. E faino en termos moi similares á clasificación que se establece para as categorías dos hoteis urbanos ou dos restaurantes. Para unifica-la clasificación co resto de Europa usa unha escala de unha a cinco espigas. Deste xeito cinco espigas son sinónimo de excelencia, e unha tradúcese nun servizo digno pero sen grandes luxos.

Na auditoría realizada o pasado 26 de xuño, o Pazo Barbeirón acadou 126 puntos co que entra de cheo no selecto club das 5 espigas.

IMG_4721

Foi o propio vicepresidente da Asociación, Ventura García, o encargado de realiza-lo traballo de clasificación do Pazo Barbeirón.

Só existen 15 establecementos de 5 espigas en toda España, 3 deles en Galicia, sendo o Pazo Barbeirón o único da provincia de Ourense.

Para nós a clasificación recibida é un enorme éxito, xa que non só premia o noso traballo, senón o desexo de manter vivo e aberto ó público un anaco da historia do noso País. Grazas ó esforzo da familia Rodríguez Álvarez, agora os nosos hóspedes poden gozar dun lugar emblemático que a ASETUR certifica que está, cando menos, ó nivel de calquera hotel de cinco estrelas.

Enviar unha resposta


*

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com