Sobrado. A Pobra de Trives. 32782 Ourense. (+34) 988 33 00 62

Vivirnunpazo.com

O día a día no Pazo Barbeirón
23 Xuñ

Pazo Barbeirón gaña unha certificación Ecolíder de TripAdvisor

No Pazo Barbeirón anunciamos hoxe con orgullo que fomos aceptados como Ecolíder Nivel Platino no programa Ecolíderes™ de TripAdvisor®, que axuda a viaxeiros de todo o mundo a planificar viaxes máis verdes onde queira que vaian, destacando aqueles aloxamentos que levan a cabo prácticas eco-sostibles.

Os aloxamentos do programa Ecolíderes de TripAdvisor reúnen unha serie de condicións determinadas para TripAdvisor por unha firma de consultoría líder en sostibilidade e colaboradores expertos. Cantas máis prácticas verdes realice un establecemento, máis elevado será o seu nivel Ecolíder.

hanami0

Como xerentes do Pazo Barbeirón sentímonos enormemente felices e orgullosos de ter recibido esta distinción. Traballamos tódolos días levando a cabo prácticas sostibles como a reciclaxe, aforro de auga ou uso de produtos naturais entre outras, e sentimos agora recoñecido o noso traballo e a inquedanza de moitos viaxeiros.

“O programa Ecolíderes de TripAdvisor recoñece aqueles establecementos en todo o mundo que están comprometidos coa sostibilidade e o medio ambiente”, comenta Ryan Dillon, Director de Turismo Responsable en TripAdvisor. “Aplaudimos este tipo de iniciativas, tanto nos máis pequenos aloxamentos coma nas maiores cadeas hoteleiras, que axudan a face-las viaxes ecolóxicas máis fáciles de organizar”.

xatinna

O programa Ecolíderes de TripAdvisor foi desenvolvido en colaboración co Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, o International Tourism Partnership, mailo Green Building Council de España, entre outras organizacións ambientais líderes.

Enviar unha resposta


*

Social Media Auto Publish Powered By : XYZScripts.com